Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE EMPRENDERÁ O SANEAMENTO DO MERCADO MUNICIPAL PARA MELLORAR AS ZONAS DE TRABALLO

Fecha: 2020-07-24

 

Nos últimos meses foron detectados problemas de atoamento nalgún dos desaugadoiros do edificio do mercado municipal que, inda que xa non é propiedade do Concello, este é responsable do seu mantemento.

 

O Concello do Grove porá en marcha, previsiblemente despois do verán, novas obras de mellora no mercado municipal. Neste caso trátase de cambios e actuacións nos rexistros e nas zonas de lavadoiro dos postos, que se ven moi deterioradas debido ao tipo de produtos cos que se traballa e que precisan continuo mantemento. Deste xeito a intervención realízase antes de que se poidan agravar problemas con tubaxes ou filtros da zona e buscarase a substitución destes por materiais de moita maior calidade que poidan prolongar o período de vida e uso dos postos municipais. A obra requirirá un investimento de 27.563,38 euros ao cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.