AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE DO CONCELLO DO GROVE CONVÉRTENSE NUN GRAN ATRACTIVO DA VILA
Fecha: 2020-08-14
As clases que se realizan a diario na prazo do Corgo atraen gran cantidade de asistentes e público.
O Concello do Grove, na busca por recuperar certa normalidade na práctica deportiva a pesar das limitacións de seguridade, deseñou para este verán un programa de actividades deportivas gratuítas ao aire libre contando con zumba e body jump a diario na praza do Corgo. Estas actividades, que foron pouco a pouco espertando o interese de veciñanza e visitantes, contan na actualidade cun amplo número de participantes e chaman a atención de quen se achega pola zona. Dende o Concello do Grove lémbrase que, ademais destas opcións, tamén se ofrecen rutas de sendeirismo ou clases de pádel, cumprindo coas condicións hixénico-sanitarias pertinentes, e que, malia estas limitacións, é importante manter a práctica deportiva, xa que contribúe á mellora da saúde.