O CONCELLO DO GROVE ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS CLASES DE PÁDEL INFANTÍS E PARA ADULTOS
Fecha: 2020-09-18
O prazo comeza o vindeiro martes, 22 de setembro.
O Concello do Grove informa da apertura do prazo de inscrición nas clases de pádel que se impartirán nas instalacións municipais tanto para menores como para adultos. En función da idade e do nivel de cada persoa inscrita, ofertaranse diferentes días, e o prazo de inscrición permanecerá aberto mentres se dispoña de prazas. A inscrición deberá realizarse no edificio administrativo do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, e está previsto que as clases comecen o 1 de outubro.