Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O MERCADO SEMANAL VOLVE Á PRAZA DO CORGO

Fecha: 2020-09-30

 

Tras unha experiencia positiva de cambio de localización, as obra de Beiramar requiren a volta ao espazo anterior.

 

O próximo venres o mercado semanal do Grove desenvolverase na praza do Corgo. Logo de que durante os meses do verán fose trasladado á avenida de Beiramar para permitir, dun xeito máis sinxelo, cumprir cos requisitos de seguridade establecidos en canto á separación e á circulación de persoas, é preciso que este venres se volva instalar no seu lugar habitual do Corgo.

 

As obras de Beiramar ocuparán a zona que ata agora serviu de espazo para o mercado, polo que os vendedores e as vendedoras estarán de volta no Corgo, aínda que deberán adaptarse ás novas normas que requirirán reorganizar o espazo para seguir mantendo as condicións xa establecidas nos meses anteriores. De igual xeito, agradécese a colaboración das persoas que se acheguen ao mercado no sentido de ser rigorosas no cumprimento das medidas de protección habituais (máscara, xel, distancia interpersoal...) e seguir as indicacións en canto ao tránsito e accesos.