Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A POESÍA VOLVE TOMAR AS RÚAS DO GROVE

Fecha: 2020-10-06

 

O encontro poético “Mulleres de palabra” terá lugar o vindeiro domingo da man de catro recoñecidas autoras galegas.

 

Co obxectivo de achegar este xénero literario a todos os públicos, poñendo en valor a poesía en feminino e en lingua galega, o Concello do Grove, a través do Centro de Información ás Mulleres e do Servizo de Normalización Lingüística do municipio, organiza o encontro poético “Mulleres de palabra”, que terá lugar na rúa Castelao o domingo 11 de outubro a partir das 13.00 h (en caso de mal tempo, trasladarase á Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey).

 

No evento, que está aberto ao público de calquera idade, recitarán as escritoras galegas Elvira Ribeiro, Iolanda Zúñiga, Silvia Penas e Miriam Ferradáns, todas elas autoras de recoñecido prestixio e galardoadas en diferentes certames literarios tanto en Galicia como alén das nosas fronteiras.

 

O Concello do Grove informa de que no desenvolvemento desta actividade se respectarán as medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da Covid-19.