Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO VALORA POSITIVAMENTE O COMPROMISO DA EMPRESA DE TRANSPORTE DE EVITAR PROBLEMAS NO SERVIZO ESCOLAR DO MUNICIPIO

Fecha: 2020-10-13

 

O transporte escolar do Grove viuse afectado nas pasadas semanas por problemas de puntualidade .

 

Tras a reclamación realizada de xeito público polo Concello do Grove no relativo ao graves problemas que o transporte escolar estaba rexistrando na localidade, os responsables da empresa adxudicataria puxéronse en contacto co Concello para abordar o asunto. Debemos destacar que é a primeira vez que se establece este contacto, poñéndose tamén en contacto coa ANPA de Valle-Inclán e amosando unha actitude dialogante e positiva para solucionar os incidentes producidos.

 

Deste xeito, dende a empresa de transporte comprometéronse a realizar un control exhaustivo da puntualidade do transporte á hora da chegada aos centros, inda que tamén se informou de que o curso 2020-2021 se está presentando como un ano escolar atípico, xa que contan con instrucións directas de primar a seguridade da rapazada fronte á puntualidade. Isto supón que nos transportes debe comprobarse que o estudantado empregue o xel hidroalcólico na entrada e na saída e que se sente nos mesmos lugares para controlar posibles gromos. Tamén alegaron que, para poderen cubrir o servizo no Grove, só dispoñen das liñas actuais porque son as que teñen contratadas dende a Consellería, cun orzamento máximo que leva anos sen ampliarse, o que impide poñer máis liñas ou condutores.

 

O compromiso da empresa por buscar a puntualidade de servizos e evitar novas incidencias resulta inicialmente positivo, feito que tamén lles foi explicado á ANPA e quedaron á disposición durante o curso para calquera problema que puidese xurdir.