A ‘CARANAVA MORADA’ ESTIVO O VENRES NO CONCELLO DO GROVE
Fecha: 2020-10-13
A iniciativa pretende informar e concienciar contra a violencia de xénero.
Dentro do percorrido que a “Caravana morada” está realizando por 16 concellos da zona do Salnés-Ulla-Umia, o pasado venres pola mañá chegou á praza do Corgo para informar a veciñanza sobre cuestións relacionadas coa violencia de xénero e a igualdade. A caravana conta con profesionais en psicoloxía e en aspectos específicos da violencia de xénero que asesoraron e informaron as persoas que se achegaron.