Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE REALIZA A PODA NOS ESPAZOS PÚBLICOS

Fecha: 2020-10-13

 

Os traballos comezaron a pasada semana na zona do Corgo e esta podarase a Praza de Arriba.

 

Os servizos municipais iniciaron a semana pasada un importante traballo para o bo mantemento dos xardíns públicos da localidade. Trátase da poda que debe ser realizada nesta época e que ocupa varios días de traballo ao realizarse en numerosos espazos da localidade. Ademais da zona do Corgo, onde se realizan podas das árbores da zona da glorieta da República Arxentina, tamén se traballa en altura coas árbores da Praza de Arriba, para posteriormente atender diversas rúas nas que tamén se conta con especies caducas. Dende o Concello do Grove destácase o importante traballo realizado polos operarios municipais, xa que se trata dun mantemento que debe facerse con coñecemento e coidado para garantir o bo desenvolvemento das especies podadas.