O CONCELLO DO GROVE CELEBRA O DÍA DAS BIBLIOTECAS DENTRO DA PROGRAMACIÓN ‘EN OUTONO: LIBROS, CINEMA E CONTOS’
Fecha: 2020-10-19
O 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas, polo que a semana estará adicada aos libros e ás historias.
Dentro da programación de outono deseñada polo Concello do Grove, esta semana estará adicada a celebrar o Día das Bibliotecas. Seguindo coa temática elixida para este mes (libros, cinemas e contos), a actividade comezará o martes 20 coa proxección da película Ferdinad. Xa o mércores 21 teremos a oportunidade de ver a coñecida contacontos Charo Pita coa historia Aventureiras Intrépidas na Axencia de Lectura de San Vicente. O venres volverá o cine á Biblioteca Municipal con Matilda, a partir das 18.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.
O sábado 24, coincidindo co Día das Bibliotecas, ás 18.00 horas Raquel Queizás ofrecerá un espectáculo de contacontos co título Cinema Marabillla. Ver para Ler. Ademais desta importante programación, entre o 19 e o 30 de outubro os usuarios e as usuarias da Biblioteca que utilicen o servizo de préstamo recibirán un agasallo sorpresa e as redes sociais da Biblioteca publicarán diversas guías de lectura e actividades en liña para celebrar esta importante data.
Co fin de manter as condicións de seguridade e hixiene, a capacidade de todas estas actividades é limitada, polo que é necesaria inscrición previa a través das vías habituais (teléfono, correo electrónico e facebook).
