Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O PLENO DO CONCELLO DEBERÁ VALORAR HOXE O ORZAMENTO MUNICIPAL

Fecha: 2020-10-26

O Pleno do Concello do Grove que terá lugar esta tarde ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello deberá, entre outras cousas, valorar o proxecto de orzamento do ano 2020. Trátase dun procedemento que chega meses despois de que se iniciara o procedemento, xa que o primeiro borrador estábase traballando para aprobar no mes de marzo, pero a pandemia paralizou os prazos ata o mes de xuño, momento no que, ademais se produciu a baixa da anterior interventora municipal e foi preciso agardar para conseguir outra profesional para o posto.

 

Neste punto, dende o Concello do Grove xa se incidiu no grave problema que están tendo os municipios ao non se contar con suficientes habilitados nacionais para estas responsabilidades (secretaría, intervención ou tesourería), o que supón, en moitos casos, a paralización total e absoluta do funcionamento dos concellos.

 

Tras a incorporación da nova interventora foi preciso realizar adaptacións do proxecto inicial, xa que debía axustarse a unha nova realidade causada pola enfermidade. A gran novidade do orzamento está na incorporación da EDAR á xestión municipal, que trastornou e prexudicou notablemente os recursos locais cuns 350.000 euros máis de custo, o que supón que os gastos en saneamento do Concello do Grove pasarán de 270.000 euros a 600.000 euros. Isto implica realizar cambios para facerlle fronte a esta contía. Ademais, o Concello debe enfrontarse a 100.000 euros adicionais requiridos para facer demolicións de obras ilegais por orde xudicial.

 

Como aspecto fundamental, reforzáronse economicamente áreas como Servizos Sociais e de Promoción Económica, aspecto que non estaba contemplado no borrador de marzo e que supónn unha resposta necesaria e urxente ante a realidade da situación que estamos vivindo. As axudas sociais disparáronse notablemente durante a pandemia, tanto no referido a axudas de alugamentos, de subministración de alimentación e gastos relacionados.