Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE ADXUDICA AS OBRAS DE MELLORA DA RÚA CANTABRIA NO BARRIO DO SINEIRO

Fecha: 2020-10-27

 

Trátase da primeira intervención dentro do Plan integral de mellora da zona do que xa foron informados os veciños e veciñas.

 

A Xunta de Goberno Local do Concello do Grove que tivo lugar onte puxo en marcha o proceso de contratación de obras de mellora na rúa Cantabria, unha das incluídas no Plan integral de mellora do Sineiro. En concreto trátase de actuacións no saneamento e no propio firme da rúa, que actualmente se atopa en mal estado. A idea é que a fins de novembro poida comezarse con esa rúa e, pouco a pouco (en función dos fondos dispoñibles), poder ir atendendo as numerosas rúas desta zona que, a día de hoxe, son das que se atopan en peores condicións dentro do núcleo urbano da localidade.