Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONTINÚA COA PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO CON ‘LIBROS, CINEMAS E CONTOS’

Fecha: 2020-10-27

 

A Biblioteca Municipal celebrou este mes o Día das Bibliotecas e estende as súas actividades ata novembro.

 

O pasado sábado 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas, a Biblioteca Municipal contou con actividades e iniciativas para celebrar a súa festa. Pero a programación de outono prevista polo Concello do Grove non remata inda, senón que seguirá ata o 13 de novembro con citas ás 18.00 horas todos os venres, con máis cine, contos e, por suposto, libros.

 

Así, o próximo venres, 30 de outubro, a Biblioteca Municipal acollerá a proxección do filme “El libro de la vida”. O seguinte venres, 6 de novembro, a película elixida será a coñecida “Coco”, tamén na Biblioteca Municipal, mesmo lugar no que o venres 13 de novembro acollerá o contacontos “Contos de medo (que deixan durmir)” a cargo de Caxoto Contacontos.

 

Ademais desta importante programación, lembramos que, como conmemoración do Día das Bibliotecas, ata o 30 de outubro os usuarios e usuarias da Biblioteca que utilicen o servizo de préstamo recibirán un agasallo sorpresa. Co fin de manter as condicións de seguridade e hixiene, a capacidade de todas estas actividades é limitada e é necesaria inscrición previa a través das vías habituais (teléfono, correo electrónico e facebook).