Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

AS ACTIVIDADES CULTURAIS DO GROVE DAN O SALTO ÁS REDES SOCIAIS

Fecha: 2020-11-13

 

A Rede de Bibliotecas do Grove retransmitirá en directo a través das redes o espectáculo “Contos de medo que deixan durmir”

 

Dentro da programación cultural de outono estaba previsto que a cativada da localidade puidesen gozar do contacontos a cargo da agrupación Caxoto “Contos de medo que deixan durmir”. Non obstante, as restricións actuais impiden que este evento se poida desenvolver de xeito presencial. Ante isto, e contando coa especial preocupación do persoal da Rede de Bibliotecas por seguir mantendo a actividade cultural, púxose en marcha a iniciativa de realizar a retransmisión deste contacontos a través do Facebook.

 

A actividade terá lugar este venres, 13 de novembro, a partir das 18.00 horas na páxina de Facebook “Rede de Bibliotecas do Grove”. Trátase dun espectáculo personalizado para a Biblioteca do Grove, polo que o enlace será privado e só poderán acceder as familias usuarias deste servizo (que están rexistradas no facebook). Ademais da retransmisión en directo, a gravación estará dispoñible para os usuarios durante 48 horas.

 

Trátase dunha iniciativa moi positiva que busca solucións e alternativas para que a actividade cultural, especialmente a dedicada aos máis cativos, se poida manter a pesar do complexo momento no que nos atopamos. Agárdase que a proposta teña unha boa acollida.