Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONVOCA AS SUBVENCIÓNS A CLUBS E EVENTOS DEPORTIVOS DO ANO 2020

Fecha: 2020-11-18

 

O BOP publica as condicións e prazos destas axudas.

 

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou antonte luns as bases das habituais axudas para clubs e eventos deportivos do Concello do Grove. Trátase das subvencións para que os clubs locais manteñan a súa actividade e se garanta a canteira deportiva do Grove, ademais das específicas para a organización de eventos deportivos. En concreto, cóntase cun orzamento de 75.000 euros para os clubs e 5.000 para eventos. As solicitudes deben axustarse ás bases, que se poden consultar no referido BOP ou na páxina web do Concello, e o prazo para a súa presentación remata o 30 de novembro.