Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO LEMBRA A OBRIGA DE REXISTRAR AS AVES DE CURRAL PARA CONTRIBUÍR A FREAR A GRIPE AVIAR

Fecha: 2020-11-23

 

Esta obriga aplícase en todos municipios en zona ZER, como é o caso do Grove, e é aplicable a calquera tipo de explotación avícola sexa industrial, artesanal, de pequena capacidade ou nun curral familiar.

 

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia solicitoulles aos concellos incluídos nas denominadas Zonas de Especial Risco (ZER), como é o caso do Grove, que fixesen especial fincapé en lembrar a obrigatoriedade de inscribir as aves de curral nun rexistro co fin de poder establecer un control sobre a evolución do virus de influenza aviaria de alta patoxeneicidade do serotipo H5N8, tanto en aves domésticas como silvestres. A enfermidade non ten afectación nas persoas, pero supón un risco importante para a riqueza aviaria da nosa zona, polo que é importante traballar para controlar a enfermidade antes de que poida causar problemas.

 

Unha das medidas establecidas na normativa de aplicación, e que debe ser realizada en calquera explotación avícola, sexa industrial, artesanal, de pequena capacidade ou un galiñeiro familiar para autoconsumo. O obxectivo é evitar o contacto directo ou indirecto das aves domésticas coas aves silvestres de calquera especie. Así, as persoas titulares de currais familiares de autoconsumo deberán inscribir o seu curral nun rexistro administrativo, que estará á disposición da Consellería do Medio Rural coa única finalidade de realizar un seguimento no caso de se producir unha situación de emerxencia sanitaria nas aves.

 

O rexistro pode realizarse a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, nas oficinas agrarias comarcais, no propio Concello ou por calquera dos sistemas habilitados no procedemento administrativo. Dende o Concello do Grove solicítase a colaboración da veciñanza que sexa propietaria de aves.