O CONCELLO PON EN MARCHA UN INVENTARIO DO COMERCIO LOCAL
Fecha: 2020-11-23
Dentro do traballo de posta en marcha de medidas para colaboración coa recuperación do comercio local, este inventario iniciarase nos vindeiros días.
O Concello do Grove porá en marcha nos vindeiros días un traballo de recompilación de datos para a elaboración dun inventario do comercio polo miúdo da localidade. Esta traballo permitirá elaborar un inventarios actualizado de todos establecementos de comercio retallista da vila, algo que ata o día de hoxe non existía. O obxectivo principal deste inventario é a posta en valor deste pequeno comercio, contando con datos reais e concretos que poidan ser a base dunha completa e real Guía de Comercio Local.
O procedemento será desenvolto polo persoal do arquivo municipal do Grove, que ten deseñada unha ficha de recollida de datos que lles será entregada directamente ás persoas responsables dos distintos establecementos. A información recollida configurará a referida base de datos e supón unha información de grande importancia e valor para aplicar as medidas de recuperación adecuadas. Por todo isto, o Concello agradece a colaboración dos distintos establecementos.