Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE ACONDICIONA O VESTÍBULO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Fecha: 2020-11-23

 

O cambio de mobiliario permite contar cun espazo máis funcional e acolledor que posibilita máis servizos para as persoas usuarias.

 

O Concello do Grove acaba de acondicionar o vestíbulo da biblioteca municipal do Monte da Vila coa finalidade de mellorar a súa usabilidade. As recentes obras realizadas neste espazo para dotalo dun elevador de das correspondentes ramplas que melloran a accesibilidade da zona supuxeron tamén acometer o pintado de paredes e a necesidade de repensar o uso do espazo. Ao tratarse dun lugar con moita luz natural, conta con grandes posibilidades para acoller actividades diversas ou exposicións.

 

O investimento en mobiliario foi subvencionados nun 40% polas axudas para equipamentos de bibliotecas da Xunta de Galicia, sendo o 60% restante sufragado cos orzamentos municipais. Instaláronse seis vitrinas para a exposición de mostras de publicacións, documentos, fotografías ou obxectos diversos. Tamén se creou un espazo de soft-seating para a relaxación, dotado con catro butacas e mesiñas para que as persoas visitantes poidan realizar as súas consultas, ler a prensa ou comentar as exposicións. Ademais, instaláronse mesas altas con tallos elevados para traballar con portátiles ou tabletas. Agárdase que este espazo poida ser de utilidade para as usuarias e os usuarios en canto as condicións sanitarias o permitan.