Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLE A EXPOSICIÓN ‘DESCUBRIR O FONDO LOCAL’

Fecha: 2020-11-27

Ata o 31 de decembro o veciñanza poderá achegarse a coñecer os documentos que marcan a historia local do Grove.

 

A Biblioteca Municipal do Grove, situada na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, acollerá as vindeiras semanas unha mostra dos fondos locais do arquivo. Baixo o título “Descubrir o Fondo Local” expoñense ao público os pequenos “tesouros” que se gardan no Arquivo de Fondo Local, lugar onde se rexistran todos os materiais bibliográficos, publicacións periódicas e material audiovisial de interese local, é dicir, toda aquela documentación que faga referencia ao Grove. A finalidade deste fondo é ofrecerlles ás persoas usuarias todas as fontes de información sobre calquera aspecto da vida e da historia do Grove.

 

Nesta exposición recóllense documentos de gran variedade temática, dende a historia e a xeografía, flora e fauna, arte e turismo, economía, lingüística, narrativa, poesía e ata teatro, entre outras. Destaca especialmente na mostra o exemplar mecanografado de “Historia de El Grove” de José Caamaño Bournacell que data de 1963. A mostra permite revivir a historia do Grove, coñecer a evolución da súa paisaxe, etnografía, os oficios máis destacados, o seu patrimonio, os seus recursos turísticos, festas máis importantes, etc. Poderase visitar durante o horario de apertura da biblioteca.