Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONVOCA O ‘CONCURSO DE ESCAPARATES DO NADAL’

Fecha: 2020-11-27

A iniciativa busca a dinamización do comercio local e contribuír a achegar unha imaxe de ledicia e luz na localidade, pensando especialmente nos máis cativos.

 

O Concello do Grove pon en marcha un concurso de decoración de escaparates do Nadal na localidade. A iniciativa está directamente dirixida ao comercio local e busca pontenciar a imaxe dos establecementos da vila ao tempo que anima aos veciños e veciñas a camiñaren polas zonas comerciais do Grove e centralizar as súas compras en tendas de proximidade, deixando patente a ampla e variada oferta de produtos e servizos para todos os gustos e idades.

 

No concurso establécense un total de 10 premios de 300 euros, que deberán ser investidos no comercio local do Grove. A temática deberá estar relacionada co Nadal e teranse en conta aspectos como a presentación, a creatividade, a orixinalidade e a iluminación, así como a utilización dos artigos do establecemento mesturados con motivos do Nadal tradicional. O período de exposición dos escaparates será entre o 5 de decembro e o 6 de xaneiro (ambos incluídos) e para participar tan só hai que inscribirse a través da web municipal antes do 4 de decembro, cubrindo a correspondente folla de inscrición (dispoñible na mesma web ou na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey). O Concello tamén distribuirá a información específica e as referidas follas entre o comercio local.

 

Consultar bases e folla de inscrición>