Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONTARÁ COA SÚA PRIMEIRA RUTA AUTOGUIADA

Fecha: 2020-11-27

A iniciativa está integramente subvencionada pola Deputación de Pontevedra a través do Programa para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural.

 

O Concello do Grove acaba de obter unha axuda para a posta en marcha da “Ruta autoguiada da Illa da Toxa”. Este proxecto está integramente subvencionado pola Deputación de Pontevedra cun custo de 6.751,50 euros a través do programa de Subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2019 (procedemento SIA 688053).

 

O proxecto consiste na implantación dunha serie de paneis tecnolóxicos interprativos con diversos elementos divulgativos que serán accesibles de xeito visual e auditivo. Neles presentarse un itinerario de interpretación e posta en valor de catro lugares do patrimonio histórico da Illa da Toxa, de xeito concreto son o Gran Hotel Balneario a Antiga Fábrica de Xabóns, o Balneario Antigo e a Capela de San Caralampio (Capela das Cunchas). A finalidade do proxecto é contribuir a conseguir un turismo accesible, tendo en conta que este non se ve limitado só polas barreiras arquitectónicas senón tamén polos propios soportes de comunicación e promoción dos destinos. Esta proposta susténtase na xeralización dos smartphones e as posibilidades tecnolóxicas destes, que permitirá a descarga dos contidos a través de textos, gráficos, fotografías e, por suposto, audios e vídeos.

 

Dende o punto de vista técnico, o novo soporte permitirá ser empregado a través de distintas aplicacións ou sistemas (códigos QR, NFC, Web, etc.) e contará con contidos inicialmente en galego e castelán. O sistema supón, polo tanto, unha das melloras que se porán en marcha de cara á mellora tecnolóxica da oferta turística e cultural da localidade, sendo a axuda da Deputación de Pontevedra crucial para conseguir este obxectivo.

 

Pode escitar o audio sobre a capela da Illa da Toxa premendo aquí>