Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O SERVIZO DE EMERXENCIAS MUNICIPAL COLABORA CON CÁRITAS NO TRASLADO DE ALIMENTOS

Fecha: 2020-12-03

 

O Servizo de Emerxencias Municipal prestou onte a súa colaboración para realizar o traslado de alimentos doados dende a capela de San Roque ao local de Cáritas. Foron seis viaxes completos con todo tipo de produtos de alimentación que se recolleron nas pasadas semanas e que serán distribuídos pola asociación. Deste xeito tense artellado un sistema de colaboración entre distintas entidades que permite que a boa disposición da veciñanza a doar sexa canalizada dunha forma eficaz e positiva.