O CONCELLO DO GROVE CONMEMORA O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
Fecha: 2020-12-15
A rapazada usuaria da Rede de Bibliotecas do Grove participa nun vídeo para a divulgación dos dereitos humanos.
A Rede de Bibliotecas do Grove quixo unirse á conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos, que se celebra desde 1948 coincidindo coa aprobación polas Nacións Unidas da “Declaración Universal de Dereitos Humanos”. Contando coa colaboración da rapazada usuaria da Rede de Bibliotecas, elaborouse un vídeo divulgativo sobre este importante tema.
O obxectivo, ademais da propia conmemoración, é contribuír a fomentar unha reflexión en torno aos dereitos básicos que, en moitos casos, seguen a ser vulnerados en moitos lugares do mundo. A Rede de Bibliotecas quere manifestar o seu agradecemento á colaboración dos nenos e nenas que participaron neste vídeo, ademais de aos seus pais e nais por facelo posible.
[Enlace ao vídeo: https://cutt.ly/zhFcjl6 ]