Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

‘TRÁVELIN’, DE MANUEL ANTONIO PIÑEIRO FERNÁNDEZ, GAÑADORA DO XXVII PREMIO MANUEL LUEIRO REY DE NOVELA CURTA

Fecha: 2020-12-16

 

O autor de Ribeira consegue o galardón do ano 2020 no prestixio premio de narrativa do Grove.

 

O xurado desta vixésimo sétima edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta convocado polo Concello do Grove reuniuse na tarde de onte para emitir o seu ditame. Os escritores e críticos literarios Alberto Avendaño, Armando Requeixo, Ánxela Rodríguez, Mario Regueira e Ignacio Vidal Portabales elixiron a novela co título Trávelin, presentada por Manuel Antonio Piñeiro Fernández baixo o pseudónimo ‘Avelaíña’. Trátase dun autor natural de Ribeira que conta no seu haber co Premio García Barros do Concello de Lalín pola obra As Fiandeiras e é ademais editor e director da editorial Bourel, na que se publican libros artesáns cosidos á man.

 

Piñeiro engade a súa referencia aos anteriores gañadores do Lueiro Rey, elixidos entre un elevado número de participantes que, como cada ano, quixeron optar a este premio. A alta calidade das propostas confírmase ano tras ano, o que converte a convocatoria do Manuel Lueiro Rey nunha das máis importantes do escenario literario galego. Queda pendente da evolución da situación actual a celebración do acto de entrega deste galardón que, ademais dos 3.000 euros, consiste na publicación da obra a través da editorial Edicións Xerais de Galicia.