Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove ofrece cursos de lingua galega de balde impartidos na modalidade de teleformación

Fecha: 2021-02-03

 

📌👅 As clases comezarán o a última semana de febreiro e prolongaranse ata a primeira de xuño.  

 

Como en anos anteriores, o Concello do Grove, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), vai poñer en marcha dous cursos de galego gratuítos para persoas adultas, un de nivel inicial e outro máis avanzado dirixido a quen xa teña un coñecemento básico do idioma.  

 

A matrícula xa está aberta e pódese inscribir nesta actividade calquera persoa maior de 16 anos (ou que os cumpra en 2021) que desexe adquirir ou mellorar os seus coñecementos sobre o noso idioma.  

 

Por mor da crise sanitaria da Covid-19, as clases serán en liña, polo que as persoas interesadas deberán dispor dunha conta de correo electrónico e dun ordenador ou tableta con micrófono, altofalantes, cámara, unha boa conexión a internet e un navegador web actualizado.  

 

Os cursos, de 40 horas lectivas, teñen unha perspectiva de interculturalidade e diversidade, polo que poderán asistir persoas de dentro e de fóra de Galicia. Así pois, os seus contidos estarán dirixidos tanto a quen procure formación para se iniciar no coñecemento da lingua galega como a quen pretenda mellorar a súa competencia no uso do galego estándar e mesmo queira presentarse ás probas para obter o Celga.  

 

👇 O prazo de inscrición nestes cursos xa está aberto e remata o venres 19 de febreiro (incluído). As clases do nivel inicial comezarán o 22 de febreiro e serán todos os luns e os mércores de 10.00 a 11.30 h; as do nivel avanzado impartiranse todos os martes e os xoves no mesmo horario e comezarán o día 23 deste mesmo mes.   Máis información e inscricións, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove a través do ☎️ 986 733 190 (de 9.00 a 14.00 h) ou enviando un correo ao enderezo electrónico 📧 normalizacionlinguistica@concellodogrove.es