AVARÍA REPARADA
Fecha: 2021-03-01
O Concello do Grove comunica que a avaría provocada esta mañá pola rotura dunha tubaxe na avenida de Portugal xa está reparada e que, polo tanto, a subministración de auga tanto na dita avenida como nas rúas Rosalía de Castro e Conchases volve á normalidade.
Unha vez máis, pedímoslles que desculpen as molestias causadas por este imprevisto.