Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A FAMILIA DE LUEIRO VISITA A EXPOSICIÓN ‘MANUEL LUEIRO REY: O ESCRITOR E O SEU PREMIO’

Fecha: 2021-03-05

O mércores 3 de marzo a familia de Manuel Lueiro visitou a exposición “Manuel Lueiro Rey: o escritor e o seu premio” acompañados do alcalde do Grove, José A. Cacabelos Rico, e da concelleira de Cultura, Noemí Outeda Prol.

 

As condicións sanitarias actuais impediron a realización dun acto de inauguración da exposición sobre Manuel Lueiro, pero a súa familia non quixo perder a ocasión de ver e gozar desta pequena homenaxe ao escritor. Desde a Concellería de Cultura do Concello do Grove organizouse unha breve visita guiada que correu a cargo do persoal da biblioteca municipal do Grove e durante a cal se ofreceron explicacións sobre a exposición e os contidos dixitais que se están a divulgar a través das redes sociais.

 

A exposición fai un percorrido pola produción literaria do escritor e o premio que leva o seu nome, pero o que máis chamou a atención da súa familia foi unha parte menos coñecida e divulgada, a da súa etapa política e como concelleiro delegado de cultura, que se narra a través de varios documentos, actas e libros de plenos do arquivo municipal.

 

Así mesmo, a familia tamén amosou a súa gratitude pola recente publicación dunha pequena biografía ilustrada de Manuel Lueiro co fin de dar a coñecer a súa figura e obra entre toda a poboación, sobre todos entre os máis pequenos.

 

A exposición poderá ser visitada na biblioteca municipal do Grove ata o mes de maio e todas as persoas que utilicen os servizos da biblioteca durante este tempo serán agasallados cun libro dos premios e os máis pequenos coa biografía ilustrada do insigne escritor.