Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

MAÑÁ ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA NAS ESCOLAS INFANTÍS PARA O PRÓXIMO CURSO

Fecha: 2021-03-23

O procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís de 0 a 3 anos para o curso 2021/22 comezará mañá mércores e rematará o luns 12 de abril.

 

A escola infantil A Galiña Azul do Grove, situada en Rons, dispón dunha unidade de 0/1 anos, dúas de 1/2 anos e outras dúas de 2/3 anos. A oferta de prazas é a mesma que de anos anteriores.

 

Os impresos estarán dispoñibles no enderezo electrónico https://politicasocial.xunta.gal e facilitaranse tamén na propia escola ou nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

 

Máis información na páxina web de Igualdade e Benestar ou chamando á propia escola (986 732 270). Tamén no DOG de hoxe, onde pode descargar os impresos e atopar as instrucións para presentar as solicitudes por sede electrónica.