Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO CONTINÚA OS LABORES DE LIMPEZA DE SENDAS E ESPAZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS

Fecha: 2021-04-23

 

Durante estes días o Concello do Grove estivo realizando diversas tarefas de limpeza, mantemento e conservación de varios espazos verdes e vías naturais do municipio. Destacan os traballos de roza de maleza e limpeza do sendeiro que baixa ata a praia da Lanzada desde o aparcadoiro situado en fronte do antigo sanatorio, así como a reconstrución do tramo do paseo de madeira do Porto de Meloxo que fora destruído por mor dun accidente de circulación ou o acondicionamento do Monte Central da Illa da Toxa.

 

Desde o Concello esperan continuar estes labores coa incorporación do novo persoal que se vai contratar proximamente grazas ao Plan Concellos co que se reforzará a limpeza dos accesos ás praias e os sendeiros existentes nos nosos montes, así como a recuperación e a mellora da conservación de zonas e elementos de interese patrimonial da nosa localidade, como lavadoiros, fontes ou rutas de sendeirismo que teñen moito atractivo tanto para a veciñanza como para as persoas que nos visitan.