JAVIER OLLEROS PROMOVE O MERCADO MUNICIPAL DO GROVE
Fecha: 2021-04-23
Esta mañá Javier Olleros, chef do restaurante meco Culler de Pau, único en Galicia con dúas estrelas Michelin, achegouse ata o mercado municipal da vila para descubrir un cartel coa súa fotografía co cal o Concello do Grove quere promover o consumo na praza de abastos da localidade. Olleros, cliente habitual deste mercado, ofreceu desde o primeiro momento a súa colaboración para esta acción de dinamización do consumo do produto local e de proximidade.
Desde o Concello agradécenlle unha vez máis a este recoñecido cociñeiro local a súa dispoñibilidade para todo o relacionado coa promoción do Grove e aproveitan para recomendarlle á veciñanza que se achegue ao mercado municipal para realizar as súas compras de alimentación, onde sempre atoparán produtos frescos e de calidade.