Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

REMATAN AS OBRAS DA RÚA CANTABRIA

Fecha: 2021-06-10

Coa colocación de papeleiras e novos farois de baixo consumo, estes días estanse a completar as obras comezadas hai seis meses nesta rúa do barrio do Sineiro. Os traballos máis importantes desta actuación foron o cambio das tubaxes de recollida de augas pluviais e de saneamento, que estaban en moi mal estado.

 

Cómpre sinalar que esta obra mostra o modelo de vía urbana do proxecto integral de reforma e mellora de varias das rúas do barrio do Sineiro, que se irán renovando proximamente a medida que o Concello vaia conseguindo fondos para tal fin.