O CONCELLO DO GROVE RECIBE MÁIS DE 1000 VISITANTES NA OFICINA DE TURISMO DA PRAZA DO CORGO
Fecha: 2021-07-09
Coa apertura da Oficina de Turismo no mes de xuño atendéronse preto de 400 consultas.
A Oficina de Turismo do Grove estivo aberta no mes de xuño en horario de mañá e tarde e foron atendidas case 400 consultas presenciais. Isto supón un total de máis de 1000 visitantes.
Así mesmo respondéronse os correos pendentes e as chamadas acumuladas durante todo o mes e tamén comezou de novo a inserción de comunicacións a través das redes sociais.
Unha das principais demandas de información está relacionada co Parque Nacional das Illas Atlánticas e coas posibilidades que existen na actualidade para visitalo.
Tendo en conta que no mes de xuño de 2020 a Oficina de Turismo aínda permanecía pechada por mor da pandemia, e tomando como referencia 2019, apréciase unha diferenza de algo máis de 500 visitas con respecto a 2021. Tamén é de destacar que se están a recibir mais visitas do norte de España que doutras zonas, deixando así de ser Madrid o principal emisor de turistas. Outro dato relevante é o incremento que se deu na alta de vivendas de uso turístico no municipio, que pasa de 295 no ano 2019 a 420 este ano.