Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONTINÚA COAS ACTIVIDADES DO VERÁN CULTURAL

Fecha: 2021-08-09

O Concello do Grove, dentro do programa Verán Cultural, continúa con novas actividades e espectáculos para esta semana.

O comezará o martes 10 de agosto co espectáculo de narración oral “Daniela Pirata” a cargo de Donde Viven los Cuentos dentro do programa Ler Conta Moito. Contacontos interactivo no sobre igualdade de xénero no que a rapazada terá que superar cinco probas para converterse en auténticos piratas, xogando, cantando, pintando e loitando contra a desigualdade. Desenvolverase na Axencia de Lectura de San Vicente a partir das 11.30 h. As prazas son limitadas, polo que será necesaria inscrición previa.

O mércores 11 de agosto será a quenda do Cinema de Verán. A partir das 22.00 h proxectarase na rúa Castelao “La pequeña traviesa”, película recomendada para a rapazada e público familiar.

O xoves 12 de agosto, a partir das 21.30 h na praza do Corgo, ofrecerase unha nova entrega dos Xoves Musicais, que contará coa actuación da agrupación local Os Firrás.

O venres 13 de agosto, ás 21.30 h, na Salgadeira Vella de Punta Moreiras ofrecerase un espectáculo musical a cargo de Antonio Seijo & Skylight.