Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO SOLICITA A CONTRATACIÓN DE DEZANOVE PERSOAS A TRAVÉS DO PLAN CONCELLOS DESTE ANO

Fecha: 2022-02-07

 

 

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a Liña tres do Plan Concellos 2022 da Deputación Provincial de Pontevedra, que subvenciona a contratación temporal de 19 persoas por un prazo de seis meses.

 

O Concello utiliza esta liña de financiamento para cubrir postos de reforzo dada a estacionalidade non turística da nosa vila. Os postos que se pretenden ocupar son os seguintes: catro operarios de obras públicas, tres peóns forestais, dous peóns de xardinería, un peón de limpeza, dous albaneis, dous condutores, un carpinteiro, dous auxiliares administrativos e dous auxiliares de cultura.

 

O importe para estas contratacións subvencionado pola Deputación de Pontevedra é de 177.000 euros e o Concello achegará 20.600 euros para cubrir todos os custos laborais destas persoas.

 

Así pois, no momento en que a Deputación aprobe esta proposta, contratarase este persoal o máis axiña posible co fin de reforzar as necesidades dos servizos municipais durante seis meses.