Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A CORPORACIÓN PIDE O APOIO DA VECIÑANZA PARA A CONCENTRACIÓN DIANTE DO HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ESTE XOVES DÍA 10

Fecha: 2022-02-08

 

Na tarde de onte, día 7 de febreiro, reuníronse o alcalde e representantes de todos os partidos políticos do Concello do Grove para voltar a avaliar a situación actual da atención primaria na nosa vila. Nesa reunión unificáronse posturas de cara á próxima reunión coa Xerencia, que terá lugar o xoves 10 de febreiro en Pontevedra.

 

Dada a precaria situación da atención que recibe a nosa veciñanza, tanto a nivel de consultas ordinarias como nas urxencias, e debido a que esta ten ido empeorando progresiva e continuamente nos últimos meses, tomáronse fundamentalmente dúas decisións:

 

Primeira: Animar as veciñas e os veciños que así o desexen a que nos acompañen concentrándose na entrada do Hospital Provincial (onde están as oficinas da Xerencia da EOXI de Pontevedra) como apoio aos seus representantes e como medida de protesta pola pésima situación na que se encontra a atención no noso centro de saúde. Para isto, o Concello vai poñer á disposición un autobús (ou máis, se fose necesario) para quen non dispoña de medio de transporte propio e queira acudir a esa concentración.

 

Segunda: Pór data para o remate da recollida de sinaturas que se está a realizar desde hai xa dúas semanas. O último día para poder asinar será o próximo domingo día 13 de febreiro e as follas de sinaturas das institucións colaboradoras deberán de ser entregadas no Rexistro do Concello durante a mañá do luns día 14.