Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Consulta pública sobre o Regulamento do Consello Municipal de Igualdade do Grove

Fecha: 2025-10-31

O Concello do Grove abriu un período de consulta pública previa á elaboración do Regulamento do Consello Municipal de Igualdade, co obxectivo de fomentar a participación cidadá e recoller achegas sobre esta futura norma.

Esta iniciativa ten como finalidade establecer un marco de colaboración entre as administracións públicas, as asociacións de mulleres, os axentes sociais e outras entidades privadas, co propósito de garantir a igualdade efectiva entre mulleres e homes no ámbito municipal.

Durante esta fase inicial, solicítase a opinión das persoas e organizacións interesadas sobre aspectos como:

  • Os problemas que se pretenden solucionar coa norma.

  • A necesidade e oportunidade da súa aprobación.

  • Os obxectivos que persegue o regulamento.

  • As posibles solucións alternativas, tanto regulatorias como non regulatorias.

As achegas poden presentarse no prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte á publicación deste anuncio na sede electrónica municipal, a través de calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O Consello Municipal de Igualdade aspira a ser un instrumento participativo que impulse políticas públicas de igualdade, promova a corresponsabilidade e contribúa ao libre desenvolvemento persoal e social de toda a cidadanía meca.

Máis información e acceso ao documento completo AQUI