Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove abre a inscrición para a nova tempada de clases acuáticas no Hotel Louxo

Fecha: 2025-11-27

O Concello do Grove, a través da Concellería de Deportes, lanza unha nova tempada da actividade acuática que se desenvolverá nas instalacións do Hotel Louxo, na Illa da Toxa.

Trátase dunha proposta pensada para que a veciñanza poida regalarse un momento para moverse, estirar o corpo e respirar con máis calma nun espazo que xa invita ao benestar. As sesións están orientadas a mellorar a mobilidade, reducir tensións e favorecer a desconexión da rutina diaria.

A inscrición poderá realizarse no Rexistro do Concello, no edificio administrativo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través da sede electrónica.

O prazo abrirá o venres 5 de decembro de 2025, e os impresos estarán dispoñibles dende o mércores 3 de decembro na planta baixa do edificio administrativo.

As clases comezarán o xoves 8 de xaneiro de 2026 e prolongaranse ata o 31 de maio de 2026.

DESCARGA FORMULARIO DE INSCRICIÓN