Subvencións para a mellora de establecementos restaurantes
Fecha: 2011-04-04
Obxecto:
A promoción e comercialización de Galicia como destino turístico de calidade, mediante a subvención a entidades privadas para a potenciación do turismo a través da mellora de establecementos restaurantes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios/as:
Os/as titulares dos establecementos restaurantes inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia, que se subvencionen terán que ser propietarios dos inmobles ou predios obxecto de actuación ou ben ter unha disposición sobre eles, acreditada por calquera título válido en dereito, que permita realizar o investimento proxectado. O dito título de disposición terá que ser outorgado en escritura pública e inscrito no Rexistro da Propiedade. En calquera caso, quen se beneficie da subvención terá o pleno uso e desfrute dos inmobles e/ou dos predios.
Convoca: Consellería de Cultura e Turismo
Prazo:
ata o 30/04/2011
Máis información:
Subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos restaurantes.