Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Programa lúdico diurno de balnearios

Fecha: 2012-06-14

O Concello do Grove en colaboración coa Deputación de Pontevedra ofertan o programa diurno de Balnearios, que ten por obxecto o proporcionar ás personas a partir de 50 anos, pensionistas, ou con necesidades de respiro familiar, unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida, ofrecéndolles a oportunidade de ocupar o seu tempo de ocio, a uns prezos reducidos. O programa consiste en que os beneficiarios do mesmo, poderán pasar cinco tardes ou mañás seguidas (de luns a venres), nos balnearios e talasos da nosa provincia.

 

Prezo total dos cinco días e balnearios:

 

Balneario Termas de Cuntis: 69 euros

Balneario de Mondariz: 62 euros

Balneario Hesperia Isla de la Toja: 66 euros

Spa Norat Marina do Grove: 48 euros

Spa Oca Galatea de Sanxenxo: 51 euros

Talaso Atlántico de Oia: 61 euros

Balneario Baños de Brea: 52 euros

Spa Oca Katiusca de Silleda: 30 euros

Spa Torre do Deza de Lalín: 29 euros

 

Prazo de inscrición : do 7 ao 29 de xuño de 2012.

 

Podes descargar a solicitude aquí.

 

Máis información e inscricións: Servizos Sociais Comunitarios ( Edificio de usos múltiples (casa azul) na rúa castelao 173, baixo, entrada directa por Beiramar)