I TORNEO DE FÚTBOL DE VERÁN CONCELLO DO GROVE
Fecha: 2012-06-19
No mes de xullo a Concellaría de Deportes, seguindo coa súa idea de facer chegar a actividade física a tódolos cidadáns do Grove, organizará en Terra de Porto, un torneo de Fútbol-5 de 4 semanas, onde participarán un total de 12 equipos distribuídos en 2 grupos. O sistema de competición será unha liga regular e posteriormente, uns cruces de cuartos de final, semifinais e final.
Cada equipo estará formado por 8 xogadores como mínimo e 12 como máximo. Para poder participar hai que ter cumpridos os 16 anos no momento do comezo do Torneo. Ningún equipo pode engadir a ningún xogador unha vez entregada a ficha de inscrición. Cada equipo deberá de contar polo menos con 7 xogadores empadroados no Concello do Grove.
Admitirase aos 12 primeiros equipos que cumpran os requisitos.
O custo por equipo é de 50€, que servirá para sufragar parte dos gastos de: material, arbitraxe, trofeos,…
O prazo de inscrición abrirase o vindeiro xoves día 21 de xuño na Concellaría de Deportes do Concello. Entregando a ficha de inscrición correctamente cuberta.
O sorteo farase o día 25 de xuño e repartirase o calendario do Torneo.