Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Presentación de Actividades para Mentes Xoves

Fecha: 2013-01-17

 

A Concellería de Xuventude e a asociación Gael (Grovense Asociación de Empresas Educativas e de Lecer) presentan o programa “Actividades para mentes xoves”. Para iso van facer unha xornada de portas abertas o próximo sábado, 19 de xaneiro, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Ademais de facer publicidade de todas as actividades que comprende este programa, ofrecerase a posibilidade de participar en diferentes obradoiros, totalmente de balde, repartidos ao longo da tarde, culminando a xornada coa actuación de Isabel Barría coa colaboración de Va'Lontano.

 

As persoas que queiran participar nestas actividades poden inscribirse previamente na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada na Casa azul, ou presentarse directamente o sábado na actividade.

 

As empresas que colaboran neste programa son: Clínica Veterinaria Rubén, Escola de negocios E-pyme, Estudio de Ballet Va'Lontano, Informática do Grove, Kids & Us, Club Hípico El Paso e Academia Vox Populi. 

 

PROGRAMA DE PRESENTACIÓN DE ACTIVIDADES PARA MENTES XOVES

 

17.00-20.00 h

  • APERTURA DO PUNTO DE INFORMACIÓN

 17.00-18.00 h

  • CONSULTA A TÚA VETERINARIA
  • CREACIÓN LITERARIA
  • EXERCICIOS MANTEMENTO
  • INFORMÁTICA (INTERNET) Nas instalacións da Academia de Informática do Grove (Rúa Pratería, 33)

18.00-19.00 h

  • MAQUILLAXE E CARACTERIZACIÓN
  • BALLET CLÁSICO
  • CONTACONTOS
  • INGLÉS PARA VIAXAR

19.00-20.00 h

  • LINGUA DE SIGNOS
  • FAI QUE AS TÚAS CONTAS TRABALLEN PARA TI
  • DANZA MODERNA

20.00 h

  • ACTUACIÓN DE ISABEL BARRÍA COA COLABORACIÓN DE VA’LONTANO

 

Consulte o programa completo aquí >