O SNL do Concello do Grove promove o galego nas novas tecnoloxías
Fecha: 2013-05-17
'O meu software, en galego' é o lema da campaña de dinamización lingüística que sacou onte á rúa o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello do Grove, dependente da Concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio que dirixe Alexandre Aguín.
Co gallo da coincidencia no 17 de maio da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Mundial das Telecomunicación e da Sociedade da Información (Día de Internet) o SNL meco pretende implementar a presenza do galego nos equipos informáticos e asociar a lingua galega á modernidade, fomentando asemade o a súa difusión para o seu prestixio e para a multiplicación das súas funcións sociais.
Así pois, esta iniciativa consiste na distribución entre as tendas de informática da localidade duns carteis informativos co lema da campaña e duns CD autoexecutables que inclúen copias na nosa lingua dos principais programas de maior uso social destinados ao desenvolvemento profesional e á comunicación interpersoal, para o uso tanto dos profesionais do sector como para a súa distribución gratuíta entre a clientela.
Deste xeito, por unha banda, as tendas colaborarán na difusión da versión galega do software entre a súa clientela e, por outra, moitos usuarios e usuarias saberán que poden instalar de balde a versión galega dos seus sistemas operativos e dos programas informáticos máis comúns.
Pode atopar máis materiasi e recursos para a nosa lingua, na sección web Ferramentas, recursos do SNL municipal.