Vinte adolescentes participan no Obradoiro de Manga organizado polas concellerías de Educación e Documentación
Fecha: 2013-12-27
Estivo impartido polo debuxante coruñés Gochi
Un total de 20 adolescentes participaron esta mañá no obradoiro de Manga (banda deseñada xaponesa) organizado polas concellerías de Educación e de Documentación, Patrimonio e Novas Tecnoloxías na Biblioteca Municipal. A actividade, que foi gratuíta e estivo impartida por David Prieto Seijo "GoChi", espertou grande interese entre as mozas e mozos, que cubriron a totalidade das prazas disponibles.
Neste obradoiro os participantes achegáronse aos pasos básicos e conceptos principais do manga. As técnicas e os materiais, como definir e debuxar un personaxe, como retocalo no ordenador e como se enfía unha historieta son algúns dos temas que se desenvolverán neste obradoiro creativo.
O debuxante coruñés GoChi é creador da colección de Cómic-books Cerditos de Guinea, estilo manga e en branco en negro, coa que se lanzaba ao mundo da autoedición en 2002. Sete anos despois, creou unha nova serie, Escola de Piratas, coas aventuras do pirata galego Trasmallo. GoChi posúe un currículo ben nutrido que inclúe varios premios e a colaboración en diferentes xornais galegos e publicacións colectivas.