Aínda quedan prazas libres para o Curso Oficial de Monitor/a de Actividades de Tiempo Libre
Fecha: 2014-01-07
Organiza: Concellerías de Xuventude e Deportes do Concello do Grove, a través da Escola de Tempo Libre Dajalca
Datas: do 10 de xaneiro ao 9 de marzo (as fins de semana: venres, 18,00-22.00 h; sábados, 10.00-14.00 h e 16.00-20.00 h; domingos 10.00-14.00 h
Lugar: Casa Azul, rúa Castelao, 173 e outras instalacións municipais
As concellerías de Xuventude e Deportes do Concello do Grove organiza e subvenciona o curso de Monitor de Actividades de tempo libre, titulación oficial expedida pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Xunta de Galicia). O curso será impartido pola Escola de tempo libre Dajalca.
A impartición do curso será durante os fins de semana ata completar as 200 horas teóricos-prácticas que comprende, ademais de 150 horas prácticas que hai que realizar nun prazo de dous anos en proxectos de ocio e tempo libre que estarán promovidos polas concellerías organizadoras en forma de talleres, actividades, campamentos deportivas, ludotecas, etc.
Durante esta primeira fase teórica os alumnos recibirán a formación necesaria en materias relacionadas co ocio e o tempo libre e recollidas no Decreto 50/2000 de Xuventude, tales como xogos, deportes, teatro, primeiros auxilios, natureza e medio ambiente, cancións, artísticas, ademais dunha importante formación que lles ensinará a redactar proxectos de intervención socioeducativa e lexislación. Esta fase teórica compleméntase con diversas saídas de interese educativa e que ademais serán posibles destinos laborais dos alumnos que realicen o curso, estanse programando saídas ao campamento da Lanzada, As Sinas, Monte Siradella, Centro Forestal de Lourizán, unha granxa escola (Kiriko o Sarantellos), o Aquario do Grove etc.
O custe do curso é de 250 horas e inclue o carné de manipulador de alimentos.
As persoas desempregadas e os titulares do carné de familia numerosa empadroadas no Concello do Grove recibirán unha axuda municipal de 75 € que se descontará directamente do coste total do curso. Ofrécense facilidades para facer o pago do curso: á hora de formalizar a matrícula aboarse 100 € mediante tranferencia bancaria á conta da empresa que imparte o curso e o resto do importe poderase aboar nunha totalidade ou en varios prazos antes de rematar o curso.
As persoas interesadas en participar no curso deberán cubrir a ficha de inscrición e entregala antes do xoves na OMIX (Casa azul), xunto a ela, ademais, acompañarán a copia da tranferencia (100 € de matrícula), fotocopia do DNI e documentos xustificativos de estar desempregado ou de familia numerosa, si é o caso.