Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016
Fecha: 2016-04-14
Obxecto:
Procura a integración social de rapaces/zas con discapacidade mediante a súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo a través de quendas de integración, así como a súa participación en quendas específicas.
Persoas destinatarias:
As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.
Requisitos:
-
Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
-
Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.
-
Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
-
Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
-
Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
-
Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.
Campamentos quendas específicas
Prezo xeral: 125 € | Prezo con Título de familia numerosa só pagarás 62,5€ | Prezo con carné xove, só pagarás 93,75 €
Máis información e lugar de presentación:
-
Servizos sociais Comunitarios (2º andar do edificio administrativo na rúa Alcalde Xacobe Barral.
-
Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
Prazo de presentación:
Ata o 30 de abril de 2016 incluído