Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Fecha: 2016-04-14

 

Obxecto:

Procura a integración social de rapaces/zas con discapacidade mediante a súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo a través de quendas de integración, así como a súa participación en quendas específicas.

 

Persoas destinatarias:

As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.

 

Requisitos:

  • Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.

  • Estar empadroado nalgún concello de Galicia.

  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso  da actividade.

  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.

  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.

 

Campamentos quendas específicas

Prezo xeral: 125 € | Prezo con Título de familia numerosa só pagarás 62,5€ | Prezo con carné xove, só pagarás 93,75 €

 

Máis información e lugar de presentación:

  • Servizos sociais Comunitarios (2º andar do edificio administrativo na rúa Alcalde Xacobe Barral.

  • Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Prazo de presentación:

Ata o 30 de abril de 2016 incluído

 

Descargar folleto>