Comunicación sobre restricións no tráfico o vindeiro domingo por mor da carreira Maralbatour 2016
Fecha: 2016-05-20
COMUNICACIÓN SOBRE RESTRICIÓNS NO TRÁFICO
A Policía Local comuníca que debido ao evento deportivo autorizado, carreira ½ maratón denominada MARALBATUR 2016, previsto para a mañá do domingo día 22 de maio de 2016 por diferentes rúas do centro urbano do Grove, estableceranse as seguintes restricións ao tráfico rodado.
CORTE DE TRÁFICO
Desde as 9:40 horas e ata o paso da fin da carreira, prevista para as 10:30 horas, desviarase ou pecharase o tráfico nas seguintes rúas:
SAÍDA DA CARREIRA
- Vía Monumento ao Mariscador: pechada ao tráfico
- Avenida de Beiramar: cortada ao Tráfico desde a estación de autobuses cara ao Corgo. O tráfico desviarase pola vía portuaria detrás da estación de autobuses.
- Rúa Luis Casais: cortada ao tráfico.
- Rúa das Barqueiras: desvíarase o tráfico cara a Confín.
- Rúa do Pombal: desvíase o tráfico cara ao Monte da Vila ou Entrehortas.
- Rúa Castelao: cortada ao tráfico desde o cruzamento coa rúa do Pombal ata a ponte da Illa da Toxa.
- Illa da Toxa: cortado o acceso pola ponte de entrada e saída.
- Rúa Don Pedro: cortada ao tráfico.
- Paseo do Mar: cortado ao tráfico.
- Avenida Tenente Domínguez: cortada ao tráfico.
- Estrada PO -316 Ardia: cortada ao tráfico.
Despois do paso do final da carreira polas rúas anteriormente citadas, estas abriranse paulatinamente ao tráfico con normalidade.
RECOMENDACIÓNS
- A Policía Local recomenda adiantar ou retrasar os desprazamentos previstos por estas rúas ao horario de corte.
- Para acceder e saír do centro urbano será mellor utilizar a estrada EP-9101 (Campos-Reboredo-San Vicente).
- O acceso ao Monte da Vila realizarase preferentemente pola rúa Claudio Iglesias ou Vilavella.
- Os servizos de trasporte, sanitarios e de emerxencias están ao tanto das restricións do tráfico.
- Para calquera emerxencia póñase en contacto coa Policía Local no teléfono 986 733 333 ou cu servizo de emerxencias 112.