Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Comunicación sobre restricións no tráfico o vindeiro domingo por mor da carreira Maralbatour 2016

Fecha: 2016-05-20

COMUNICACIÓN SOBRE RESTRICIÓNS NO TRÁFICO

A Policía Local comuníca que debido ao evento deportivo autorizado, carreira ½ maratón denominada MARALBATUR 2016, previsto para a mañá do domingo día 22 de maio de 2016 por diferentes rúas do centro urbano do Grove, estableceranse as seguintes restricións ao tráfico rodado.

 

CORTE DE TRÁFICO

Desde as 9:40 horas e ata o paso da fin da carreira, prevista para as 10:30 horas, desviarase ou pecharase o tráfico nas seguintes rúas:

 

SAÍDA DA CARREIRA

  • Vía Monumento ao Mariscador: pechada ao tráfico
  • Avenida de Beiramar: cortada ao Tráfico desde a estación de autobuses cara ao Corgo. O tráfico desviarase pola vía portuaria detrás da estación de autobuses.
  • Rúa Luis Casais: cortada ao tráfico.
  • Rúa das Barqueiras: desvíarase o tráfico cara a Confín.
  • Rúa do Pombal: desvíase o tráfico cara ao Monte da Vila ou Entrehortas.
  • Rúa Castelao: cortada ao tráfico desde o cruzamento coa rúa do Pombal ata a ponte da Illa da Toxa.
  • Illa da Toxa: cortado o acceso pola ponte de entrada e saída.
  • Rúa Don Pedro: cortada ao tráfico.
  • Paseo do Mar: cortado ao tráfico.
  • Avenida Tenente Domínguez: cortada ao tráfico.
  • Estrada PO -316 Ardia: cortada ao tráfico.

Despois do paso do final da carreira polas rúas anteriormente citadas, estas abriranse paulatinamente ao tráfico con normalidade.

 

RECOMENDACIÓNS

  • A Policía Local recomenda adiantar ou retrasar os desprazamentos previstos por estas rúas  ao horario de corte.
  • Para acceder e saír do centro urbano será mellor utilizar a estrada EP-9101 (Campos-Reboredo-San Vicente).
  • O acceso ao Monte da Vila realizarase preferentemente pola rúa Claudio Iglesias ou Vilavella.
  • Os servizos de trasporte, sanitarios e de emerxencias están ao tanto das restricións do tráfico. 
  • Para calquera emerxencia póñase en contacto coa Policía Local no teléfono 986 733 333  ou cu servizo de emerxencias 112.