Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

‘Parlamento’ de Carlos Álvarez Besada, obra gañadora do IV Concurso de Pintura Ernesto Goday

Fecha: 2016-12-01

A obra foi a elixida entre os 54 participantes e os 18 preseleccionados.

 

O xurado reunido o pasado martes acaba de emitir o seu ditame para o IV Concurso de Pintura Ernesto Goday. Nesta edición o gañador foi o pintor grovense Carlos Álvarez Besada coa obra titulada “Parlamento”. Trátase dun óleo sobre chapa  de 1,50 x 1,50 que representa unha escena cotiá e moi coñecida nun barrio do Grove.

 

O xurado quixo destacar a gran calidade das obras presentadas a esta IV edición, o que dificultou a selección da obra gañadora. Por este motivo, tamén se outorgaron tres mencións especiais a outras obras do concurso, en concreto a “O Esteiro” de Raúl Gil Rodríguez, obra que procede de San Adrián (Navarra), con técnica mixta sobre táboa; “No Porto”, de Raúl Gil Burés (Rianxo), un óleo sobre lenzo, e “Mejillonera”, de Albert Sesma López, de Corella (Navarra), un acrílico e lenzo sobre óleo.

 

Desde o Concello do Grove amósase a satisfacción polo éxito que se conseguiu con este concurso que pretende situarse como un dos de referencia no panorama pictórico nacional. A entrega do premio realizarase nas vindeiras semanas e servirá para recoñecer o premiado, pero tamén para reivindicar a figura de Ernesto Goday como un dos artistas máis internacionais do Grove.