Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

Fecha: 2018-02-05

 Persoas beneficiarias:

  • Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos) e que, durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. (As persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías).

     

  • Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.

Contía da axuda:

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.

  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.

  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Prazo de presentación:

Desde o 1 de febreiro ata o 21 de marzo de 2018, ámbolos dous incluídos.

 

Máis información:

Servizos Sociais Comunitarios Municipais do Concello do Grove