Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
Fecha: 2018-02-05
Persoas beneficiarias:
-
Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos) e que, durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. (As persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías).
-
Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
Contía da axuda:
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
-
Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
-
Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
-
Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
Prazo de presentación:
Desde o 1 de febreiro ata o 21 de marzo de 2018, ámbolos dous incluídos.
Máis información:
Servizos Sociais Comunitarios Municipais do Concello do Grove